ACTIVIDADES E SAÍDAS

CHARLA :

 "HIXIENE BUCAL E PREVENCIÓN DO CONSUMO DE TABACO"

O alumnado de 6º asiste na biblioteca a unha charla do Colexio de Hixienistas de Santiago de Compostelana na que lle falaron da importancia de ter unha boa hixiene bucal e unha das condicións imprescindibles para elo é evitar o consumo do tabaco.






CHARLA:

EDUCANDO CON MALIBÚ

O xoves 18 de maio 2º,3º,4º e 5º recibimos a visita da cadela Malibú. 
Estivéronnos contando que é unha cadela abandonada e ensináronnos como temos que coidar aos cans para que vivan da maneira máis feliz e digna posible.

Gustounos moitísimo esta actividade!!!

CHARLA:

"BIODIVERSIDADE FONTE DE VIDA"




SAÍDAS AOS ECOSISTEMAS


5º MONTE DA CUROTA 



 

 

 2º CARBALLEIRA DA SILVA









1º HUMEDAL DA XUNQUEIRA




4º PRAIA DO AREAL










25N

Charlas impartidas a cargo do concello a través da Concellería de Igualdade e nas que a través dos animais se lle transmiten aos máis pequenos os valores para ser unha sociedade SEN VIOLENCIA.




CHARLAS SOBRE O VIDRO

   


XORNADAS MICOLÓXICAS





MAGOSTO ECOLÓXICO 2022






SÁLVORA      3-10-2022


Saída a sálvora cos nenos e nenas de 2º e 3º na que puidemos aprender :
A flora e a fauna autócotona.
Lendas e  historia  relacionada con esta fermosa illa que pertence ao  Parque Nacional das Illas Atlánticas.



 








SAIDA Á PRAIA DO DO AREAL.
TEMA : REDUCIÓN DE RESIDUOS DA PRAIA

IMPARTIDO POR REMAR 3 - ASOCIACIÓN AMICOS

ALUMNADO DE 1º E 2º

MARTES 10 DE MAIO





ESTUDIO DO RIO DA XUNQUEIRA 

O 4 de maio estiveron o grupo de REMAR 3 da asociación AMICOS impartindo un obradoiro sobre o estudo do río para os alumnos de 4º A e B e 6º B.

Deixamos algunhas imaxes










CHARLA: OS CETÁCEOS  25-04-2022

O luns 25 de abril veu ao noso cole unha persoa do Equipo de Medioambiente do Concello para darlle unha charla, sobre os cetáceos, aos nenos e nenas de 3º .
Ademáis da charla trouxéronos uns carteis que agora témolos expostos nos corredores de 3º e 4º para que todas as aulas do colexio poidan ir a visitalos.
A exposición estará a disposición de todos os cursos dende o 25 de abril ate o 6 de maio.

MERENDAS SAUDABLES  

XOGOS POPULARES

 No noso centro incentivamos o consumo de froita e as merendas saudables. 
Ao mesmo tempo tamén fomentamos os xogos populares nos que o alumnado realiza unha actividade física que axuda a manter un corpo sa. 
 


 

CHARLA:

"APÚNTATE Á COMPOSTAXE"

O luns 21 de febreiro os cursos de 1º e 2º asistiron a unha charla preparada polos alumn@s de 6ºB na que lles falaron da compostaxe ( Qué é, como se fai ...). 
Gustoulles moito como o explicaron e deciciron colaborar con eles neste proxecto seguindo coas  merendas saudables nos recreos xa iniciadas no mes de febreiro e poder así aproveitar os restos orgánicos que se produzan para facer o compost.


DÍA DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

26 DE XANEIRO

Co gallo do “Día da Educación Ambiental” dende o Equipo de medioambiente organizou nesa semana unha charla relacionada co mar que foi impartida aos cursos de 1º,2º, 4º e 6º.

A charla foi impartida polo mariñeiro e Patrón de Pesca ROGELIO SANTOS QUEIRUGA e tratou sobre a SOSTENIBILIDADE (. Falounos sobre a importancia dos nosos océanos, de todos os traballos do mar, a nosa responsabilidade individual para coidalos e de todos os valores que encerra o mar , a natureza e todos os seres que os habitan, nós incluídos.


 PLANTACIÓN EN CABÍO 

21-01-2022

O alumnado de 5º foron o venres facer unha plantación de árbores frondosas nas parcelas municipais de Cabío ( onda o camping). a actividade consistiu nunha parte teórica sinxela e amena para saber por que son necesarias as árbores, que tipo de árbores son... e unha parte práctica na que implicou aprender como hai que facer para plantalas.


NADAL NATURAL

 Concurso de carteis navideños:

Campaña de concienciación do coidado da natureza. 

Este Nadal hay que facer un debuxo relacionando o Nadal coa diversidade.

O debuxo gañador foi....



CHARLA SOBRE A COMPOSTAXE

25-10-2021

O luns 25 de outubro os nenos e nenas de 1º,2º,3º e 5ºB tivemos unha charla no, noso cole sobre a xestión dos residuos e a compostaxe.
Foi moi divertida e pasámolo moi beeeen!!!   

APÍPOLIS    18-10-2021

" ABELLAS NA ESCOLA"

O LUNS 18 de outubro viñeron  ao colexio da asociación Apípolis para explicarnos sobre a importancia que teñen as abellas. Como son, como viven, os beneficios que teñen para o medio ambiente e as utilidades para o ser humán.
Asistimos a esta charla os nenos e nenas de 1º, 2º e 4º.


A HORTA DE NUSKA  8-10-2021

O venres 8 de outubro os nenos e nenas de 6ºB fomos ver a horta de Nuska a Olveira ( é un pobo que pertence ao concello de Santa Uxía de Ribeira). 

SE QUERES VER  UN VÍDEO DE NUSKA FALANDO DA NOSA VISITA NA SÚA HORTA 
CLICA NA FOTO DE NUSKA



TURISMO MARIÑEIRO 21-09-2021

Os nenos e nenas de 4º fixeron unha saída para aprender sobre o traballo que fan os mariscadores e as mariscadoras do noso pobo.

 

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario