LABORES DE INVERNADOIRO
CURSO 2022-23
TERCEIRO TRIMESTRE
SEGUNDO TRIMESTRE
1º TRIMESTRE
MANTENIMENTO DOS XARDÍNS
CURSO DE AGRICULTURA
ECOLÓXICA
O Equipo de
Medio Ambiente asiste , xunto coa veciñanza do pobo da Pobra, a un curso sobre
Agricultura Ecolóxica organizado pola concellería de medio ambiente do Concello
da Pobra do Caramiñal e impartido pola Asociación Sachos á Rúa ( entre
os meses de setembro e outubro).
Unha vez
asistido á parte teórica, ofrecemos as instalacións do centro para realizar a
parte práctica.
A veciñanza
que asistiu ao curso colaborou en toda a parte
práctica realizando un novo bancal, facendo abono (Bocashi) e
pesticidas ecolóxicas que quedaron para utilizar na nosa horta.
Aquí deixamos un resumo do que se fixo e tamén do que se aprendeu.
CURSO 2021-2022
MANTEMENTO DOS XARDÍNS
MANTEMENTO DO INVERNADOIRO CURSO 2021-2022
LEITUGAS NAVIDEÑAS
PLANTAMOS 20-10-2021
Unha vez preparada a terra e plantadas as coles botámoslle palla seca por riba.
Este ACOLCHADO ou mulching ten as súas VANTAXES:
- Serve para que non medren tantas malas herbas.
- Reduce a necesidade de auga posto que conserva mellor a
humidade,.
- A terra está máis solta e non se compacta tanto.
- No inverno mantén as raíces das plantas máis quentes.
- En verán axuda a reducir a evaporación da auga.
- Protexe o terreo da erosión.
- Mentres se vai descompoñendo o acolchado serve de alimento para as lombrices e outros microorganismos que hai no chan, por tanto estamos enriquecéndoo.
DESVANTAXES:
- Pode haber un aumento de caracoles, babosas e cochinilla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario