ECO-RETOS BANDASEQUEIROS


ECO RETO 8:



Pretendemos que o alumnado sexa consciente de que ademáis de poder reciclar vidro en contedores tamén pode darlle unha segunda vida.
- Traer da casa un botellín de vidro da cor que teñan e limpo de pegatinas ( tamaño botellín de auga pequena, cervexa…) para decorar o espazo que estamos creando de plantas aromáticas

- Gardar en cada aula e contabilizar os envases de vidro que vaian traendo para reciclar no iglú de Disney que agardamos recibir antes de rematar o curso( a estes non é necesario quitarlle as pegatinas).

- Elixir dous embaixadores/as por aula (un neno e unha nena) que repartirán pegatinas: aos seus veciñ@s,familiares,en tendas… para continuar coa concienciación do reciclado do vidro.

- Ademáis, todos aqueles que queiran, poden decorar na casa botes ou botellas de vidro para a EXPOSICIÓN de FIN DE CURSO que faremos no mes de xuño.

ÁNIMO, XA ESTAMOS NO ÚLTIMO RETO E PODEMOS GAÑAR UN PREMIO.

COA PARTICIPACIÓN DE TOD@S CONSEGUIREMOS UN ENTORNO MÁIS SOSTIBLE!!!


#AccionVozNatura #retoreciclamos#GeneraciónEco


FOTOS:
 "EMBAIXADORES DO VIDRO"


XARDINEIRA DE PLANTAS AROMÁTICAS 

DECORADA CON ENVASES DE VIDRO


DECORAMOS ENVASES



FACEMOS MÚSICA CON BOTES DE IOGUR DE VIDRO













REPARTIMOS DIPLOMAS DE PARTICIPACIÓN 

ECO RETO 7:


# AccionVozNatura #RetoConcienciamos # GeneraciónEco

Xa estamos na recta final do curso!!!
No RETO 7 a actividade consistiu en estudar e ao mesmo tempo CONCIENCIAR ao alumnado da importancia que ten PRESERVAR OS HÁBITATS NATURAIS, en especial os que temos na nosa contorna.
Para conseguilo visitamos e estudamos 6 ECOSISTEMAS moi próximos ao noso colexio. 

1º Humedal da Xunqueira.
2º Carballeira da silva.
3º Dunas de Corrubedo.
4º Praia do Areal.
5º Monte da Curota.
6º Río Pedras.

Unha vez visitados estos lugares , cada nivel fixo un traballo do que puidemos desfrutar na biblioteca do noso cole.


FOTOS DA CHARLA "BIODIVERSIDADE"

E EXPOSICIÓN DE TRABALLOS NA BIBLIOTECA  


FOTOS DAS VISITAS DAS FAMILIAS AOS DISTINTOS ECOSISTEMAS





TRABALLOS DO ALUMNADO 

SEXTO: RÍO PEDRAS

UBICACIÓN DO RÍO










 PARTE FINAL DO RÍO: 

"LUGAR DE PORTOCARRO"

 VEXETACIÓN


  FAUNA

LENDA : "A PRINCESA DO RÍO PEDRAS"



LENDA : "A BARCA DE SAN MAURO"

 

QUINTO: MONTE DA CUROTA

 


CLICA NA IMAXE E PODERÁS VER UN VÍDEO DAS VISTAS DA CUROTA




REPASA TODO O QUE APRENDICHES DA CUROTA


 CLICA NA IMAXE DA CUROTA E ESCOITA A CANCIÓN "SOLPOR" DE BAIUCA NA QUE SE FALA DA CUROTA


CUARTO: PRAIA DO AREAL

BIVALVOS 

 

AVES MARIÑAS  

XOGO PARA RECOÑECER AS CUNCHAS QUE ATOPARON NA PRAIA


TERCEIRO: DUNAS DE CORRUBEDO

VÍDEO SOBRE A VISITA 


TRABALLO SOBRE A BIODIVERSIDADE DO COMPLEXO DUNAR

SEGUNDO: CARBALLEIRA DA SILVA


TRABALLO SOBRE A BIODIVERSIDADE ATOPADA NA CARBALLEIRA



EXPLICACIÓN DE QUE É UN ECOSISTEMA E REALIZACIÓN DE EXEMPLOS DE ECOSISTEMAS


A FADA LUCINDA VISITA 2º



 


PRIMEIRO: HUMEDAL DA XUNQUEIRA


TRABALLOS SOBRE A BIODIVERSIDADE DO HUMEDAL






ECO RETO 6: 



"A MIÑA PEGADA ECOLÓXICA"

PLANTAMOS

# AccionVozNatura #RetoPlantamos # GeneraciónEco

O reto deste mes consiste en REDUCIR O CONSUMO DE AUGA deixando unha "PEGADA ECOLÓXICA".
Para conseguilo teremos que plantar unha planta ou máis por cada nivel ou curso ( a elixir).
Para coidalas ata que medren imos USAR AUGA DA CHUVIA(deste xeito contribuimos coa "PEGADA HÍDRICA")que podemos coller nos bidóns azuis que temos a carón do invernadoiro.
Os que queiran, unha vez xerminadas, transplantaranas nalgún lugar do recinto escolar.

DÍA INTERNACIONAL DA AUGA   22-03-23

Consellos que podedes levar a cabo nas vosas casas e contribuir deste xeito a mellorar o Medio Ambiente e reducir a “pegada hídrica”
Este ano o obxectivo é concienciar á poboación e impulsar accións que permitan facer frente á crisis da auga e o saneamento( o que ven sendo a "HUELLA HÍDRICA" en castelán).

A PEGADA HÍDRICA
É un indicador que mide o uso da auga tanto directo (auga que se emprega para beber, cociñar ou lavar) como indirecto(utilizado para a produción de bens).


Dende o colexio o que pretendemos é que a Comunidade Educativa sexa consciente desta pegada no día a día e ANIMAR A TODOS E TODAS  a que se REDUZA O CONSUMO DE AUGA.
  
Para comezar deixámosvos este cartel informativo de 10 ACCIÓNS que podemos levar a cabo NO DÍA A DÍA para RECUCIR A PEGADA HÍDRICA. 

DÍA INTERNACIONAL DA ÁRBORE   21-03-23

Alumnado de todos os niveis saíron por quendas a plantar en distintas zonas do recinto escolar:

1º Plantaron Romeu.
2º Unha Gardenia e Herba Luisa.
3º Un Carballo e unha Estevia que trouxo un alumno da casa.
4º Dúas Lavandas.
5º Un amendoeiro
6º Un Peladilleiro.
AQUÍ TEDES o enlace do FACEBOOK
e ALGUNHAS FOTOS DO DÍA



ECO-RETO 5

"ENTROIDO SOSTIBLE"

# AccionVozNatura #RetoAforramos # GeneraciónECO


Neste entroido había que realizar os traxes o máis sostibles posibles
Para a elaboración dos mesmos reciclamos e reutilizamos materiais diversos. Exemplos:
1º foron de animais ( usaron o recheo dos coxíns dun sofá para poder rechear as colas).

2º de árbores que estaban tristes polos incendios e aproveitaron a túnica de pelegrín do ano anterior e tamén as follas dunhas árbores que se podaron no colexio para decorar a cinta que levaban na cabeza coas pólas. 
3ºDisfrazáronse de Superaxentes do Medio ambiente.(Usaron botellas de plástico para facer os brazaletes e tobilleras do traxe, a camiseta branca que tiveron que pintar para a paz,escudos feitos con cartóns de caixas que eran para tirar). 
4º de placas solares.
5º Do planeta Terra reivindicando o seu coidado ( aproveitaron para dar xeografía e coñecer os continentes).
6º De Superheroes e Superheroínas do Medioambiente.

                    PARABÉNS A TODOS, POR INTENTAR SER MÁIS SOSTIBLES!!!

                                AQUI VOS QUEDA O ENLACE DO FACEBOOK

                             ECO-RETO 4 




 "EDUCADORES AMBIENTAIS 
POR UN DÍA"

# AccionVozNatura #RetoDivulgamos # GeneraciónECO


FOTOS DAS PLANTAS INVASORAS APORTADAS POLAS FAMILIAS



ECO-RETO 3


 "UN NADAL SOSTIBLE"

# AccionVozNatura #RetoResponsables # GeneraciónECO



ECO- RETO 2


" A ARTE TEXTIL DA REUTILIZACIÓN"

# AccionVozNatura #RetoInvestigamos# GeneraciónECO


ECO-RETO I

 


"AS RAÍCES DO VIDRO"

# AccionVozNatura #RetoResponsables # GeneraciónECO





No hay comentarios:

Publicar un comentario